domingo, 31 de maio de 2020

PETI e FLORINDA e o RETO ECOMUSICAL

ESCOITADE A MENSAXE dos nosos AMIGOS da Aula de Música



ANIMÁDEVOS  e participade deste desafío que nos lanzan Peti e Florinda!
Podedes tocar un ritmo con piñas, paos, noces, follas, carrabouxos, pallas, canas... todo natural, directamente da natureza.

Cando ensaiedes un pouco, gravádevos e enviades o voso VídeoEcoinstrumento a musicatincela@ gmail.com A data límite de entrega é: 10 de xuño   

 VIVA A MÚSICA que nace da natureza!

luns, 18 de maio de 2020

"AÍ VÉN O MAIO"

MAIOS de CEIP Atín-Cela 2020

Benqueridos Nenos, Nenas e Familias,
Un ano máis celebramos Os Maios. O COVID19 non impediu renderlle Homenaxe á Nosa Tradición, á Natureza, ás Nosas Letras... nesta especial situación, a través dos vosos creativos Maios e xeniais Coplas, divertidas, sentidas e retranqueiras que caracterizan ao pobo galego.
Moitos parabéns a Todxs!

domingo, 17 de maio de 2020

Feliz Día das Letras Galegas!
"A FALA" de Uxía e Sérgio Tannus
Un canto de esperanza e amor á Lingua sobre un poema de Manuel María, da man da NOSA EMBAIXADORA DA MÚSICA GALEGA e das Nosas Letras, UXÍA


ANÍMOVOS A ESCOITAR, CANTAR, BAILAR... SENTIR este poema feito canción pola Nosa Benquerida Uxía, veciña de Mos, Artista que sempre crea Máxia na Súa Música, porque é talento e corazón. Moitos Parabéns, Uxía!!! Por transmitirnos unha potente enerxía para ser nós tamén embaixadorxs da Lingua!

venres, 15 de maio de 2020

RECOMPILACIÓN COPLAS DE MAIO 2020

Benqueridas Nenas, Nenos e Familias
Aquí vos deixo as vosas Coplas de Maio que con tanto enxeño creastes na casa.
Grazas por compartir a vosa alegría, creatividade, ironía, cansancio,  preocupacións, desexos... por compartir o voso sentir.



 PROXIMAMENTE ESTREAREMOS "Aí ven o Maio", amosando os Maios creados por vós na casa

venres, 1 de maio de 2020

FELIZ DÍA DE MAIO


Benqueridas  Nenas, Nenos e Familias 
Feliz Día de Maio!   
Quero aproveitar este marabilloso día onde rendemos sentida homenaxe xs traballadorxs e aos seus dereitos,  onde celebramos o agomar da natureza,  esa natureza á que debemos voltar e coidar… e onde damos paso ás celebracións virtuais Tradicionais de Maio… para darvos as GRAZAS!  Síntome  moi agradecida por achegarme os vosos  Maios desde a Casa, por achegarme o que sentides a través das Vosas Coplas, pola  vosa implicación e agarimo. GRAZAS, porque XUNTXS APRENDEMOS, e xuntxs faremos un Mundo Mellor!

Proximamente veremos no blog as vosas Coplas e Maios.


POEMA "O MAIO" de Manuel Curros Enríquez
 Escoitade estas dúas versións CANTADAS do poderoso poema reivindicativo deste Gran Autor Galego Curros Enríquez.
  
Luís Emilio Batallán  

Consello da Cultura Galega