martes, 12 de decembro de 2023

NADAL en PAZ


"Un Nadal de Aloumiños" de Ana Senlle

Sentide e cantade esta preciosa panxoliña enerxética cargada de Maxia e marabillosos Desexos. Ogallá se cumpran!



"Tempo de Paz" de Rozalén


Na lapela de NADAL:

déixovos unha escolma de Cantos de Nadal en GALEGO para cada día da semana. Cantade, recitade, bailade... ou simplemente escoitade en soidade ou en familia, o que o momento vos pida.

OS MELLORES DESEXOS para vós de saúde, amor, felicidade e que en cada corazón alimentemos a PAZ!


 

luns, 4 de decembro de 2023

SORTE DE SER GALEGOS E GALEGAS!

 Estamos de celebración:  Estatuto de  Autonomía GALEGA e  Constitución

Grazas á Constitución somos un estado en Libertade e Democracia! E grazas ao EAGalega... celebramos unha festa da Lingua, cultura, convivencia, identidade... da Terra Galega. 

Sentimos a sorte de ser Galegos e Galegas!!!

Canta e baila "MEU O MUNDO É" de Paco Nogueiras



"OS PINOS" Himno Galego versión de Nuria Pauluchi




domingo, 22 de outubro de 2023

PEDIMOS A PAZ. PEDIMOS SOLIDARIEDADE





 

Cantamos á sorte que temos de vivir nun país en PAZ, en Liberdade; un lugar de DIÁLOGO para resolver conflictos.

Cantamos polas persoas que non teñen PAZ 

xoves, 12 de outubro de 2023

Xa estamos cos ensaios do SAMAÍN

 31 de outubro SAMAÍN: Festa terrorificamente divertida, onde celebramos a vida e a morte.


Vai á lapela SAMAÍN... e aprende a canción TUMBA BAcon voz, frauta e xilófonos... Bailes de esqueletos, vídeos e cancións para todxs! Atrévete... non morden!

domingo, 28 de maio de 2023

xoves, 13 de abril de 2023

xoves, 16 de marzo de 2023

8 M

"Rosalía e Matriarcas nas Ondas"Radio Atín Locutores de  EI a EP! Clica en Rosalía e escoitarás a vida de Incribles Mulleres galegas! E... MÚSICA ao VIVO!

domingo, 12 de febreiro de 2023

IMOS DE ENTROIDO 2023!

 Xa estamos creando as coplas e ensaiando!


Obradoiro de mirlitóns ou turutas

                     

Interpretaremos as coplas acompañados da zanfona e os mirlitóns!

Botámoslle a culpa ao MECO de todos os males do mundo; do que nos fai sentir mal; do que nos preocupa; do que queremos cambiar.

O venres de Entroido, ao final da festa, o lume purificador levará todos os nosos males.




                                  
                     
                


xoves, 19 de xaneiro de 2023

 PA2023 

Cantamos á PAZ, á solidariedade, ao respecto, á tolerancia, amizade, empatía, ao amor. A crer en min e crer nos demais...

 A movernos pola PAZ, en cada momento, en cada acción.  

 

A canción 2023 elexida é :"Móvete" de Paco Nogueiras






sábado, 7 de xaneiro de 2023

ISAAC PALACÍN en Atín-Cela

 ISAAC PALACÍN deixa a súa pegada Artística e Emocional na Nosa Escola!

Xenial encontro que non esqueceremos!


Falounos da súa emocionante vida, tróuxonos instrumentos de percusión incríbles, puidemos probalos, facerlle preguntas... e nós tamén regalamos música... 

Interpretamos xuntos "Vinde ver ao Neno" con voces, frautas, campás, pequena percusión, ukelele e UDU




Gran Artista no escenario, pero gana máis aínda nas distancias curtas.

Moitas grazas Isaac, por visitar a Nosa Escola!