Este blog quere ser unha xanela aberta para compartir experiencias da Aula de Música de Atín-Cela, onde tamén entre luz e música doutras experiencias; un espazo onde poidamos estar en contacto Nenxs, Familias e Mestra, e, xanela sempre aberta para xs que queirades achegarvxs. Benvidxs Todxs!
CANDELORIA
DÍA DA CANDELORIA
O Día das Candeas ou Día da Candeloria celébrase o 2 de Febreiro. É o tempo no que casan os paxariños.
Un pouco de historia
A orixe da celebración da Candeloria habería que buscala nos cultos pagáns da fertilidade e dos ciclos da natureza. Sería o ritual do lume coas súas virtudes protectoras e afastadoras de desgrazas.
Xa na antiga Roma se celebraba a festa do lume e na honra da fertilidade (as Lupercais). Nela había unha procesión con candeas acendidas toda a noite. Será no ano 492 cando o Papa Xelasio I prohiba a celebración pagá das Lupercais e crea a festa da Purificación da Virxe María, na que hai unha procesión dentro da igrexa con candeas benditas.
O feito de que xa se vexan os primeiros xermolos –non anda lonxe a primavera–, fai que a data da Candeloria adquire outro simbolismo: acostuma dicirse que é o tempo no que casan os paxariños...........................................................................................................................
"Papagaio Louro". Escoitade esta cantiga tradicional de Portugal e Brasil onde o papagaio leva unha carta de amor a unha parella de namorados. Fai clic no Cancioneiro
OS PAXAROS DO BOSQUE GALEGO. Premede, pechade os ollos e abride os oídos
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario