luns, 21 de febreiro de 2022

PARABÉNS, BENQUERIDA ROSALÍA

 Cantamos a ROSALÍA de Castro

O 23 de febreiro é o día do aniversario de Rosalía de Castro. Para nós é unha Súper Heroína. Cada mañá escoitaremos a súa poesía musicada ao entrar e saír da Escola pola Radio Escolar. Fai clic na imaxe e escoitarás a música da semana

           

Rosalía, a nosa  SÚPER HEROÍNA 

Por ser valente, soñadora, creativa, enxeñosa, poeta, música, sensible, bondadosa, loitadora, amable, feminista... por ser quen de ver os seres máxicos que viven con nós. Por dicir as verdades, por non renderse! 

Grazas, Rosalía       
Porque cos teus poemas fasnos voar co Moucho, mergullarnos nos ríos e nas fontes, danzar ao son das campás de Bastavales, cantar coa Meniña Gaiteira, sentir como chove miudiño, e o que máis nos gusta... vivir a maxia do bosque cos seus seres máxicos “... cos seus encantos que só con nós comparten o seu prácido folgar”.

"ADIOS RÍOS, ADIOS FONTES" con AMANCIO PRADA


"TECIN SOIA A MIÑA TEA" con GUADI GALEGO


"ALBORADA" con UXÍA