MAIOS

Festa da PRIMAVERA 2023! Convivencia e agradecemento á natureza por darnos tanto!

... e Música! 

Moitos parabéns a Todxs! Unha festa dos maios xenial! Maios, Alfombras vexetais... e COPLAS!



Aí vén o MAIO 2022! 

Elaboraremos os Maios, e ademais... crearemos alfombras vexetais!

Será unha festa de agradecemento á natureza por darnos tantoe á vez de peticións, para que todo vaia bene que consigamos vencer o que nos preocupa.

Xa estamos na Aula de Música creando as coplas!

Convertiremos as nosas queixas e desexos en divertidas coplas que cantaremos a toda a escola o 18 de Maio.

Anímate a facelo tamén en familia! 

Deixo a melodía  en forma de pequeno vídeo como guía, para que cantedes con ela.








Aí vén o Maio 2021! 

Cada ano a primavera agroma, vestindo á natureza de verde e de mil cores. Con ela chegan tamén os CANTOS DE MAIO xa tradicionais na nosa escola. Este ano... si os imos celebrar aquí, NA ESCOLA DE ATÍN ao vivo!!!


Crearemos as  coplas a partir dos nosos desexos ou das nosas queixas, e danzaremos e cantaremos ao redor dos Maios elaborados por nós.


Será unha festa de agradecemento á natureza por darnos tanto, e á vez de peticións, para que todo vaia ben, e que consigamos vencer o que nos preocupa.


Lembramos os Maios 2020, que foron diferentes, xa que os vivimos nas nosas casas. 


Para practicar as coplas que imos creando... premede no vídeo e cantade por riba da melodía 




AÍ VÉN O MAIO Benqueridos nenos, nenas e familias, a primavera empeza a agromar, e con ela veñen os Cantos de Maio. O covid-19 non nos vai impedir que creemos, un ano máis, as COPLAS DE MAIO. A actividade que vos propoño é crealas en familia. ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR! Déixovos as instruccións.
 Para participar e facer as vosas propias coplas e incluso elaborar o voso propio maio entrade na seguinte ficha:

Ningún comentario:

Publicar un comentario