martes, 19 de xaneiro de 2021

 Día da Candeloria 2021


Canción para A PAZ 2021

Sabemos que a PAZ debemos vivila e celebrala todos os días.

Moitas  cancións fálannos de valores como a amizade, a confianza, o compañeirismo, o respecto, a empatía, tolerancia...o amor por nós mesmos, polos demais, pola natureza...

"VIVAN LAS MANOS DE COLORES" da banda de rock Happening, é unha canción pacifista que fala do importante que é crer nun mesmo.

 CANCIÓN                                           COREOGRAFÍA da Nosa Escola

    
           

Esta banda ten máis cancións que nos falan das emocións, da alegría de vivir, da solidariedade, do compañerismo... Mergúllate na súa música e contáxiate da súa alegría!

Se queres máis cancións da Paz...

Entra na lapela ECOPAZ,  e sigue cantando



venres, 1 de xaneiro de 2021

BENVIDO 2021!

Comecemos o ano co Lume Novo, aniñando o Arco da Vella!

Belísimo canto de nadal "Lume Novo de Nadal"da Nosa Embaixadora Musical Galega: UXÍA sempre!

Grazas, querida Uxía por este agasallo cheo de boa enerxía, boa música e reconfortante mensaxe. Sempre directa ao corazón! 


NADAL NA ESCOLA

NADAL é COMPARTIR, SOÑAR, PEDIR DESEXOS... e agasallar

Non tivemos festival... pero a música sempre está presente na escola: pequenos agasallos en forma de audicións dedicadas aos máis cativos.

Os músicos de 6º  agasallaron aos cativos de 5 anos con "Jingle Bells". Fai clic na foto e poderás ver e escoitar.