ESCOITADE A MENSAXE dos nosos AMIGOS da Aula de Música
ANIMÁDEVOS e participade deste desafío que nos lanzan Peti e Florinda!
Podedes tocar un ritmo con piñas, paos, noces, follas, carrabouxos, pallas, canas... todo natural, directamente da natureza.
Cando ensaiedes un pouco, gravádevos e enviades o voso VídeoEcoinstrumento a musicatincela@ gmail.com A data límite de entrega é: 10 de xuño
VIVA A MÚSICA que nace da natureza!
Este blog quere ser unha xanela aberta para compartir experiencias da Aula de Música de Atín-Cela, onde tamén entre luz e música doutras experiencias; un espazo onde poidamos estar en contacto Nenxs, Familias e Mestra, e, xanela sempre aberta para xs que queirades achegarvxs. Benvidxs Todxs!
1º
▼
ESPAZOS para explorar
▼
CURSOS
▼
domingo, 31 de maio de 2020
luns, 18 de maio de 2020
"AÍ VÉN O MAIO"
MAIOS de CEIP Atín-Cela 2020
Benqueridos Nenos, Nenas e Familias,
Un ano máis celebramos Os Maios. O COVID19 non impediu renderlle Homenaxe á Nosa Tradición, á Natureza, ás Nosas Letras... nesta especial situación, a través dos vosos creativos Maios e xeniais Coplas, divertidas, sentidas e retranqueiras que caracterizan ao pobo galego.
Moitos parabéns a Todxs!

domingo, 17 de maio de 2020
Feliz Día das Letras Galegas!
"A FALA" de Uxía e Sérgio Tannus
Un canto de esperanza e amor á Lingua sobre un poema de Manuel María, da man da NOSA EMBAIXADORA DA MÚSICA GALEGA e das Nosas Letras, UXÍA
ANÍMOVOS A ESCOITAR, CANTAR, BAILAR... SENTIR este poema feito canción pola Nosa Benquerida Uxía, veciña de Mos, Artista que sempre crea Máxia na Súa Música, porque é talento e corazón. Moitos Parabéns, Uxía!!! Por transmitirnos unha potente enerxía para ser nós tamén embaixadorxs da Lingua!

venres, 15 de maio de 2020
RECOMPILACIÓN COPLAS DE MAIO 2020
Benqueridas Nenas, Nenos e Familias
Aquí vos deixo as vosas Coplas de Maio que con tanto enxeño creastes na casa.
Grazas por compartir a vosa alegría, creatividade, ironía, cansancio, preocupacións, desexos... por compartir o voso sentir.
PROXIMAMENTE ESTREAREMOS "Aí ven o Maio", amosando os Maios creados por vós na casa

venres, 1 de maio de 2020
FELIZ DÍA DE MAIO
Benqueridas Nenas, Nenos e Familias
Feliz Día de Maio!
Feliz Día de Maio!
Quero aproveitar este marabilloso día onde rendemos sentida homenaxe xs
traballadorxs e aos seus dereitos, onde
celebramos o agomar da natureza, esa
natureza á que debemos voltar e coidar… e onde damos paso ás celebracións virtuais Tradicionais de Maio… para darvos as GRAZAS! Síntome moi agradecida por achegarme os vosos Maios desde a Casa, por achegarme o que
sentides a través das Vosas Coplas, pola
vosa implicación e agarimo. GRAZAS, porque XUNTXS APRENDEMOS, e xuntxs
faremos un Mundo Mellor!