domingo, 12 de decembro de 2021

CHEGA O TEMPO DE NADAL!

 Un tempo de abrigo, de lareira, de pedir desexosde compartirde soñar... de cantar panxoliñas... e tamén... de CONCURSO MUSICAL!


Escoita aquí as músicas do concurso!

Fai clic na imaxe dos compositores






domingo, 24 de outubro de 2021

 BENQUERIDAS NENAS E NENOS... AÍ VÉN O SAMAÍN! 

Tempo de meigasmorcegosfantasmascabazas alumeadoras... Tempo de celebrar a vida e a morte.

Tempo de cantar e bailar, tamén " O Samaín"

Clica na imaxe e canta e baila con Uxía Lambona e a banda Molona

Tes moitas máis cancións na lapela de SAMAÍN

mércores, 8 de setembro de 2021

BENVIDO CURSO 2021-22

 Benvidas Nenas, Nenos, Compañeiras, Compañeiros, Familias...! 

Hoxe é o primeiro día de cole 2021-22 e celebrámolo con Música! Feliz comezo!

Déixovos as sintonías que soarán en cada recreo.




domingo, 16 de maio de 2021

MES DE MAIO, LINGUA GALEGA máis que nunca!

 Mestres preparamos os MAIOS na Nosa Escola...

CHEGA o 17 de Maio, DÍA das Nosas Letras

Lembramos e cantamos o HIMNO GALEGO: un canto de AMOR e PAZ que fala das nosas paisaxes, das nosas xentes, do noso sentir

Cantámolo con orgullo e amor!

Versión de  LUAR NA LUBRE

Fai clic na letra do Himno Galego e escoitarás outra versión

Canta ao son do noso poderoso himno!

Se queres interpretalo coa FRAUTA DOCE, entra na lapela de SEXTO, e atoparás a partitura e o audio








mércores, 21 de abril de 2021

MES DE ABRIL, MES DOS LIBROS

 MÚSICA inspirada no LIBRO DA SELVA                  de Rudyard Kipling 

"Busca lo más vital" canción composta por Terry Gilkyson


Escoitade esta xenial versión de "Busca lo más vital" de COVER BAND

"Quiero ser como tu" canción composta polos Irmáns Sherman


Versión de "Quiero ser como tú"  de COVER BAND


luns, 22 de marzo de 2021

domingo, 21 de febreiro de 2021

FELIZ DÍA DA LINGUA NAI: Longa vida á Lingua Galega!

 CANTO TEMOS QUE CELEBRAR!

21 de febreiro, Día da Lingua Nai, e 24 de febreiro ANIVERSARIO de ROSALÍA DE CASTRO

A NOSA ESCRITORA NACIONAL FOI A MAIOR DEFENSORA DA NOSA                LINGUA GALEGA

Fai clic nesta imaxe e escoita este poema canción de Rosalía de Castro na voz de Guadi Galego: "Tecín soia a miña tea"


Fai clic e escoitarás: "Rosalía Pequeniña" de Uxía e Magín Blanco



martes, 19 de xaneiro de 2021

 Día da Candeloria 2021


Canción para A PAZ 2021

Sabemos que a PAZ debemos vivila e celebrala todos os días.

Moitas  cancións fálannos de valores como a amizade, a confianza, o compañeirismo, o respecto, a empatía, tolerancia...o amor por nós mesmos, polos demais, pola natureza...

"VIVAN LAS MANOS DE COLORES" da banda de rock Happening, é unha canción pacifista que fala do importante que é crer nun mesmo.

 CANCIÓN                                           COREOGRAFÍA da Nosa Escola

    
           

Esta banda ten máis cancións que nos falan das emocións, da alegría de vivir, da solidariedade, do compañerismo... Mergúllate na súa música e contáxiate da súa alegría!

Se queres máis cancións da Paz...

Entra na lapela ECOPAZ,  e sigue cantando



venres, 1 de xaneiro de 2021

BENVIDO 2021!

Comecemos o ano co Lume Novo, aniñando o Arco da Vella!

Belísimo canto de nadal "Lume Novo de Nadal"da Nosa Embaixadora Musical Galega: UXÍA sempre!

Grazas, querida Uxía por este agasallo cheo de boa enerxía, boa música e reconfortante mensaxe. Sempre directa ao corazón! 


NADAL NA ESCOLA

NADAL é COMPARTIR, SOÑAR, PEDIR DESEXOS... e agasallar

Non tivemos festival... pero a música sempre está presente na escola: pequenos agasallos en forma de audicións dedicadas aos máis cativos.

Os músicos de 6º  agasallaron aos cativos de 5 anos con "Jingle Bells". Fai clic na foto e poderás ver e escoitar.