Na nosa cultura tradicional , a Candeloria é como a luz que se ve ao final do túnel. A chegada da festividade de orixe celta no segundo día do mes de febreiro indica que o longo inverno está por chegar á súa fin, anuncia que pronto a natureza despertará e que o sol volverá para eliminar a escuridade que tingue os corazóns en tempos de frío. Unha celebración de fertilidade e protección para a estación que comeza.
A Festa das Candeas é unha celebración da volta á vida, un canto ao florecemento e un baile ao que está por vir.
"Papagaio Louro". Escoitade esta cantiga tradicional de Portugal e Brasil onde o papagaio leva unha carta de amor a unha parella de namorados. Fai clic no Cancioneiro
OS PAXAROS DO BOSQUE GALEGO. Premede, pechade os ollos e abride os oídos
Ningún comentario:
Publicar un comentario