martes, 8 de decembro de 2020

O INVERNO VÉN PETANDO!

O  outono vai dar paso ao Inverno

Un tempo de abrigo, de lareira, de pedir desexos, de compartir, de soñar... de Nadal

Para ir quentando... déixovos unha impresionante versión do canto de nadal "O Tamborileiro", interpretada por PENTATONIX, un grupo incrible que canta A CAPELA, é dicir, só voces, sen instrumentos.



Se queres máis panxoliñas, entra na LAPELA DE NADAL e atoparás un canto de nadal para cada día.



sábado, 21 de novembro de 2020

MÚSICA PARA A IGUALDADE 

Somos defensoras e defensores da igualdade! Así o sentimos e actuamos. 
Aí vai a nosa declaración en forma de canción. Clica na imaxe é... Conta e canta ao mundo esta mensaxe.


Déixovos a letra da canción "Depende de los 2"






xoves, 10 de setembro de 2020

BENVIDO CURSO 2020/21

Benqueridas Nenas, Nenos, Mestras, Mestres, Familias...  Benvidos Todxs!!!

Hoxe comeza o curso con moita ilusión, alegría e algo de nervios tamén. Todo un marabilloso reto que viviremos xuntxs e por suposto sempre acompañados de MÚSICA!

Déixovos as MÚSICAS QUE NOS ACOMPAÑARÁN cada día:

 

 

domingo, 31 de maio de 2020

PETI e FLORINDA e o RETO ECOMUSICAL

ESCOITADE A MENSAXE dos nosos AMIGOS da Aula de Música



ANIMÁDEVOS  e participade deste desafío que nos lanzan Peti e Florinda!
Podedes tocar un ritmo con piñas, paos, noces, follas, carrabouxos, pallas, canas... todo natural, directamente da natureza.

Cando ensaiedes un pouco, gravádevos e enviades o voso VídeoEcoinstrumento a musicatincela@ gmail.com A data límite de entrega é: 10 de xuño   

 VIVA A MÚSICA que nace da natureza!

luns, 18 de maio de 2020

"AÍ VÉN O MAIO"

MAIOS de CEIP Atín-Cela 2020

Benqueridos Nenos, Nenas e Familias,
Un ano máis celebramos Os Maios. O COVID19 non impediu renderlle Homenaxe á Nosa Tradición, á Natureza, ás Nosas Letras... nesta especial situación, a través dos vosos creativos Maios e xeniais Coplas, divertidas, sentidas e retranqueiras que caracterizan ao pobo galego.
Moitos parabéns a Todxs!

domingo, 17 de maio de 2020

Feliz Día das Letras Galegas!
"A FALA" de Uxía e Sérgio Tannus
Un canto de esperanza e amor á Lingua sobre un poema de Manuel María, da man da NOSA EMBAIXADORA DA MÚSICA GALEGA e das Nosas Letras, UXÍA


ANÍMOVOS A ESCOITAR, CANTAR, BAILAR... SENTIR este poema feito canción pola Nosa Benquerida Uxía, veciña de Mos, Artista que sempre crea Máxia na Súa Música, porque é talento e corazón. Moitos Parabéns, Uxía!!! Por transmitirnos unha potente enerxía para ser nós tamén embaixadorxs da Lingua!

venres, 15 de maio de 2020

RECOMPILACIÓN COPLAS DE MAIO 2020

Benqueridas Nenas, Nenos e Familias
Aquí vos deixo as vosas Coplas de Maio que con tanto enxeño creastes na casa.
Grazas por compartir a vosa alegría, creatividade, ironía, cansancio,  preocupacións, desexos... por compartir o voso sentir.



 PROXIMAMENTE ESTREAREMOS "Aí ven o Maio", amosando os Maios creados por vós na casa

venres, 1 de maio de 2020

FELIZ DÍA DE MAIO


Benqueridas  Nenas, Nenos e Familias 
Feliz Día de Maio!   
Quero aproveitar este marabilloso día onde rendemos sentida homenaxe xs traballadorxs e aos seus dereitos,  onde celebramos o agomar da natureza,  esa natureza á que debemos voltar e coidar… e onde damos paso ás celebracións virtuais Tradicionais de Maio… para darvos as GRAZAS!  Síntome  moi agradecida por achegarme os vosos  Maios desde a Casa, por achegarme o que sentides a través das Vosas Coplas, pola  vosa implicación e agarimo. GRAZAS, porque XUNTXS APRENDEMOS, e xuntxs faremos un Mundo Mellor!

Proximamente veremos no blog as vosas Coplas e Maios.


POEMA "O MAIO" de Manuel Curros Enríquez
 Escoitade estas dúas versións CANTADAS do poderoso poema reivindicativo deste Gran Autor Galego Curros Enríquez.
  
Luís Emilio Batallán  

Consello da Cultura Galega

xoves, 23 de abril de 2020

APRENDEMOS MÚSICA XOGANDO! 

 Fai clic abaixo na ligazón e xoga ao Trivial Musical 1


 
 

SE QUERES SEGUIR APRENDENDO CO TRIVIAL, VAI A 6º E ALÍ TERÁS O TRIVIAL MUSICAL 2

martes, 14 de abril de 2020

MOI BO DÍA BENQUERIDAS NENAS E NENOS!!! Espero que vós e as vosas Familias esteades moi ben! Lémbrovos que tedes ata o venres 17 de abril para enviarme as vosas Coplas de Maio. Xa estou recompilando as que me enviastes; animádevos os que faltades; tedes toda esta semana para soltarvos... Podedes facelo nun folio, gardades o formato en pdf ou jpg... e enviádesmo a musicatincela@gmail.com
Entrade na lapela... MAIOS , e aí está toda a información da actividade. Coidádevos moito! Xa queda menos para vernos! Unha Aperta ben grande a cada un de vós!

mércores, 1 de abril de 2020

OLIVEIRA DE ATÍN-CELA

Na escola de Atín-Cela, xs máis cativxs plantaron unha fermosa oliveira. Regamos a oliveira con música. "Oliveira" ,unha melodía tradicional sen fronteiras chegada dende Portugal para valorar a Nai Natureza.Gravada con todo agarimo na casa coa axuda da miña familia en tempo de Covid-19. Aquí a planto para que a cantedes vós tamén en Familia. Lembrádesvos dos xestos para acompañala? Disfrutádea cantando, bailando, tocando... Á volta, iremos onda a nosa Oliveira e cantaremos a súa canción todxs xuntxs coas mans unidas arredor dela. A boa enerxía vai pasar de nós á Oliveira e da Oliveira a nós. Coidádevos moito! VOLTAREMOS CON MOITA FORZA! Podedes ler e descargar a letra da "Oliveira de Atín Cela" facendo clic na imaxe.