ESPAZOS para explorar

CURSOS

xoves, 15 de decembro de 2022

NADAL

Chega o tempo de NADAL 2023!

 Un tempo de  Familia, de abrigo, de pedir desexosde compartirde soñar... de cantar panxoliñas... 

NADAL en Galego! Con versións KARAOKE


Canción " TRES REIS EN BICICLETA"  


Canción " CHEGOU O NADAL"



Canción " FOLERPIÑA" para cantar en karaoke



Canción " O Apalpador" Gramola Gominola karaoke


Canción " AS XANEIRAS" Malvela en karaoke



Canción " TODO É MELLOR CANDO É NADAL"  karaoke




Panxoliña Beatle " O-BLA-DI O-BLA-DA" para cantar en karaoke

PARA OS MÁIS CATIVOS E CATIVAS...Panxoliña  " Din, Don, Dan"

BATUKA "JINGLE BELLS" Para interpretar con percusión

COREOGRAFÍA divertida "JINGLE BELLS" 

SE QUERES MÁIS... Vai á Lapela NADAL deste blog e ...  seguirás cantandoooo e bailandoooo! 

Os Mellores Desexos para este 2023 de PAZ,  SAÚDE,  e Moito Amor... Amor polas persoas que nos rodean, por un mesmo, pola Natureza, pola Escola, pola humanidade...  é o Amor o que move o Mundo!
Que a Música sempre nos acompañe! Feliz 2023!

 


domingo, 11 de decembro de 2022

EA GALEGA, celebración moi MUSICAL

 O DÍA 7, Cantamos e bailamos desde O CORAZÓN: "GALICIA" de Manuel María




Tamén contamos con MÚSICA TRADICIONAL... esta BANDA de "Pequen@s de Pereiras máis achegadas"   con moito esforzo e dedicación, con ensaios dentro e fóra da escola... ofreceunos tres pezas moi musicais




e despois de moito ensaio...ASÍ FOI o día 7








sábado, 3 de decembro de 2022

ESTAMOS PREPARANDO ...

6 Dec: Estatuto de Autonomía GALEGA 

Unha Nación, unha Cultura, Unha LINGUA... e moito CORAZÓN...

Canción"GALICIA" de MANUEL MARÍA  e música de SUSO VAAMONDE 

CLICA PARA SABER MÁIS...


Celebramos a sorte de ser galegos e Galegas!!







xoves, 24 de novembro de 2022

25 N Non á violencia de xénero!

 SI ao respecto! SI á igualdade!

Cada día, en cada acción

Coreografía da canción que cantará e bailará toda a ESCOLA o 25 N

O día 25 de novembro cantarémolo ben alto.







sábado, 12 de novembro de 2022

MAGOSTO 2022

 ENCÁNTANOS ESTA CELEBRACIÓN!

Comemos castañas asadas, choripán, cantamos, bailamos... e xornada de xogos populares!

É MOI ESPECIAL porque Todxs colaboramos! 

Música en tempo de Magosto. Clica e canta!


luns, 31 de outubro de 2022

MOI FELIZ NOITE DE SAMAÍN!

Na Escola de Atín-Cela, celebrámolo o venres 28, todxs xuntxs!

 E que celebración: breve pero intensa!!!

Moitos Parabéns, Artistas!!! Estivo xenial!!!

Toda a Escola cantando TUMBA,BA acompañada polas frautas e xilófonos de 6º e 5º.

Rematamos o acto bailando o "TWIST dos Esqueletos" Máxica celebración onde festexamos a VIDA e a MORTE, como parte da nosa existencia.


FELIZ SAMAÍN!!!


Moitas grazas por colaborar coa Escola SEMPRE!!!






mércores, 26 de outubro de 2022

XA ESTÁ AQUÍ O SAMAÍN!

 Na Nosa Escola de Atín!

Xa estamos cos ENSAIOS para a Gran Festa dos Vivos e dos Mortos!


Xilófonos, frautas e voces para celebrar a vida e a morte invocando aos ... esqueletos. 




sábado, 15 de outubro de 2022

AGASALLO DE OUTONO, para disfrutar todo o ano

 RADIO PICARIÑA! MÚSICA para disfrutar todo o ano! En Lingua GALEGA!

Terás á túa disposición  CENTOS DE CANCIÓNS. Entra na imaxe e fíxate onde clicar para ter todos os títulos! XENIAL, NON CRES?



mércores, 5 de outubro de 2022

CHEGOU O OUTONO!

 Marabillosa estación! Escoitamos a Vivaldi

Xenial compositor que creou marabillosa Música para cada estación.





mércores, 7 de setembro de 2022

BENVIDO CURSO 2022/23

Benqueridas Nenas, Nenos, Mestres, Familias... Benqueridxs Todxs!!!

Hoxe comeza o curso con moita ilusión, alegría e algo de nervios tamén. 
Todo un marabilloso reto que viviremos  XUNTXSSS!!! Sen máscaras, distancias, hidroxel... 
e sempre acompañados de MÚSICA!

Esta será a Música que soará á entrada e saída da Nosa Escola.
Fai clic na imaxe para poder escoitala.



mércores, 22 de xuño de 2022

OBRADOIRO DE INSTRUMENTOS MUSICAIS

 Vento, Corda e percusión!

Xeniais instrumentos Musicais naturais e de material de refugallo creados polo alumnado coa axuda das Familias. 

Clica na imaxe e verás os instrumentos dos rapaces e rapazas da Escola de Atín-Cela


Moitas Grazas!!! Parabéns! Sodes uns artistas musicais da reciclaxe!!! Mil grazas por colaborar sempre na Aula de Música con tanta ilusión!

Que a Música sempre nos acompañe!

mércores, 18 de maio de 2022

Cantamos os MAIOS

 Moitos parabéns a Todxs!  Maios, Alfombras vexetais... e COPLAS!

Clica na foto e escoitarás as Coplas das nenas e nenos da Escola



Proximamente publicaremos estes CANTOS DE MAIO 






martes, 17 de maio de 2022

Feliz Día das Letras Galegas! 


O desexo de que cada vez sexamos máis as persoas que amamos e valoramos a Nosa Lingua!

"Máis Galego"de Uxía Lambona e a Banda Molona




domingo, 8 de maio de 2022

Aí vén o MAIO 2022! 

Elaboraremos os Maios, e ademais... crearemos alfombras vexetais!

Será unha festa de agradecemento á natureza por darnos tantoe á vez de peticións, para que todo vaia bene que consigamos vencer o que nos preocupa.

Xa estamos na Aula de Música creando as coplas!

Convertiremos as nosas queixas e desexos en divertidas coplas que cantaremos a toda a escola o 18 de Maio.

Anímate a facelo tamén en familia! 

Deixo a melodía  en forma de pequeno vídeo como guía, para que cantedes con ela.


domingo, 24 de abril de 2022

domingo, 6 de marzo de 2022

PAZ PARA UCRAÍNA, PAZ PARA O POBO RUSO

 Imaxina un Mundo en Paz


PAZ PARA TODOS OS POBOS”

AS RAPAZAS E RAPACES DE CEIP Atín-Cela sentimos o que está ocorrendo en Ucraína. Dóenos moito que ucraínos e ucraínas se vexan atacados e teñan que deixar os seus fogares. Sabemos que o pobo ruso tamén está pasándoo mal; non teñen liberdade; moitos queren a PAZ.

Cada día deixamos mensaxes de PAZ e solidariedade. Tamén imos colaborar traendo á escola comida, productos de hixiene, forros polares, camisetas térmicas... para axudar ao pobo ucraíno. VIVA A PAZ ! 

"Imagine" de John Lennon




luns, 21 de febreiro de 2022

PARABÉNS, BENQUERIDA ROSALÍA

 Cantamos a ROSALÍA de Castro

O 23 de febreiro é o día do aniversario de Rosalía de Castro. Para nós é unha Súper Heroína. Cada mañá escoitaremos a súa poesía musicada ao entrar e saír da Escola pola Radio Escolar. Fai clic na imaxe e escoitarás a música da semana

           

Rosalía, a nosa  SÚPER HEROÍNA 

Por ser valente, soñadora, creativa, enxeñosa, poeta, música, sensible, bondadosa, loitadora, amable, feminista... por ser quen de ver os seres máxicos que viven con nós. Por dicir as verdades, por non renderse! 

Grazas, Rosalía       
Porque cos teus poemas fasnos voar co Moucho, mergullarnos nos ríos e nas fontes, danzar ao son das campás de Bastavales, cantar coa Meniña Gaiteira, sentir como chove miudiño, e o que máis nos gusta... vivir a maxia do bosque cos seus seres máxicos “... cos seus encantos que só con nós comparten o seu prácido folgar”.

"ADIOS RÍOS, ADIOS FONTES" con AMANCIO PRADA


"TECIN SOIA A MIÑA TEA" con GUADI GALEGO


"ALBORADA" con UXÍA


xoves, 27 de xaneiro de 2022

PAZ 2022 

Todos os días podemos cantar á PAZ, á solidariedade, á tolerancia, amizade, empatía, ao amor. A crer en min e crer nos demais.

A canción elexida é :"O importante é intentalo" de Happening

Fai clic e canta e baila con nós


Un canto a non rendersea esforzarse, a colaborar, a crear entre todas e todos un mundo mellor.

Aquí tes a letra da canción




domingo, 9 de xaneiro de 2022

 MOITAS GRAZAS pola vosa participación no CONCURSO MUSICAL!

Moitos parabéns porque acertastes a MÚSICA DE BEETHOVEN! BRAVO!

Este agasallo en forma de "pegata" coas palabras de Beethoven, para vós pola participación.

Os premiadxs: Nora de 5ºB, Brian de 3º e Gabriel de 2ºB!

VIVA A MÚSICA!