Este blog quere ser unha xanela aberta para compartir experiencias da Aula de Música de Atín-Cela, onde tamén entre luz e música doutras experiencias; un espazo onde poidamos estar en contacto Nenxs, Familias e Mestra, e, xanela sempre aberta para xs que queirades achegarvxs. Benvidxs Todxs!
1º
▼
ESPAZOS para explorar
▼
CURSOS
▼
xoves, 23 de abril de 2020
martes, 14 de abril de 2020
MOI BO DÍA BENQUERIDAS NENAS E NENOS!!!
Espero que vós e as vosas Familias esteades moi ben!
Lémbrovos que tedes ata o venres 17 de abril para enviarme as vosas Coplas de Maio. Xa estou recompilando as que me enviastes; animádevos os que faltades; tedes toda esta semana para soltarvos... Podedes facelo nun folio, gardades o formato en pdf ou jpg... e enviádesmo a musicatincela@gmail.com
Entrade na lapela... MAIOS , e aí está toda a información da actividade.
Coidádevos moito! Xa queda menos para vernos! Unha Aperta ben grande a cada un de vós!
xoves, 9 de abril de 2020
martes, 7 de abril de 2020
mércores, 1 de abril de 2020
OLIVEIRA DE ATÍN-CELA
Na escola de Atín-Cela, xs máis cativxs plantaron unha fermosa oliveira. Regamos a oliveira con música.
"Oliveira" ,unha melodía tradicional sen fronteiras chegada dende Portugal para valorar a Nai Natureza.Gravada con todo agarimo na casa coa axuda da miña familia en tempo de Covid-19. Aquí a planto para que a cantedes vós tamén en Familia. Lembrádesvos dos xestos para acompañala?
Disfrutádea cantando, bailando, tocando...
Á volta, iremos onda a nosa Oliveira e cantaremos a súa canción todxs xuntxs coas mans unidas arredor dela. A boa enerxía vai pasar de nós á Oliveira e da Oliveira a nós. Coidádevos moito! VOLTAREMOS CON MOITA FORZA!
Podedes ler e descargar a letra da "Oliveira de Atín Cela" facendo clic na imaxe.